Debate sobre «El amor en los tiempos del cólera» de Gabriel García Márquez

Data
Martes, 29 de novembro de 2022
Horario
17.45h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 8, 15, 22 e 29 de novembro, ás 17.45h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El amor en los tiempos del cólera de Gabriel García Márquez.

En El amor en los tiempos del cólera, cando o refuxiado de guerra antillán Jeremiah de Saint-Amour se suicida cun sahumerio de cianuro de ouro, o doutor Juvenal Urbino atende o seu caso (un que cría perdido) e abráiase ao saber que é o primeiro suicidio, en moitos anos, non levado a cabo por razóns tan xustificadas como o amor. Esa mesma tarde o doutor morre, tratando de acadar a súa única mascota (un papagaio), e deixa viúva á súa amada esposa Fermina Daza. Ao final do funeral, mentres Fermina está cerrando a porta da súa casa ve a Florentino Ariza, un espírito do pasado que agora arrastra con el a promesa dun amor que el profesou, e así nun momento de inspiración reitéralle a súa promesa de amor que cumpriu durante cincuenta e un anos, nove meses e catro días. Fermina Daza comeza a ser acosada pola pantasma dese amor xuvenil que non parou.

Gabriel García Márquez (Aracataca, Colombia, 1927 - México D.F., 2014), columnista e escritor, estivo ligado dende a súa xuventude aos movementos de esquerda, seguindo moi de preto a insurreción guerrilleira cubana de Fidel Castro. Dende os seus inicios, apuntou unha narrativa que entroncaba coa tradición literaria hispanoamericana, ao tempo que atopaba nalgúns creadores estadounidenses, sobre todo en William Faulkner, novas fórmulas expresivas. As súas obras reflicten unha recreación mítica do mundo real, onde se produce un encontro constante de elementos realistas con aparicións e circunstancias fantasiosas, desembocando nunha corrente coñecida como realismo máxico. Mundialmente recoñecido, o seu prestixio literario levouno a conseguir o Premio Nobel de Literatura en 1982.

Próximos eventos Ver axenda