Proxección do documentario «Circo de Artesáns: o Ateneo de Galicia»
- Data
- Xoves, 10 de novembro de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9, Santiago)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O xoves, 10 de novembro, ás 19.30h, terá lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9, Santiago de Compostela), a proxección do documentario «Circo de Artesáns: o Ateneo de Galicia», producido por Nós TV. No acto participarán:
- Francisco Candela, Vicepresidente do Ateneo de Santiago
- Manuel Miragaia, escritor e responsable de cultura do Circo de Artesáns da Coruña
- Roberto Parga, Presidente do Circo de Artesáns da Coruña
- Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

O Circo de Artesáns, fundado en 1847, cumpre este ano 175 anos de vida. A través da proxección deste documentario preténdese dar a coñecer a historia desta sociedade así como a da propia cidade da Coruña, ambas as dúas estreitamente unidas ao longo dos tres últimos séculos, ofrecendo información de capítulos esenciais e descoñecidos da historia, non só da propia cidade da Coruña senón de toda Galicia.
