Conferencia «Xustiza e dereitos» de María Emilia Casas
- Data
- Luns, 12 de decembro de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 12 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Xustiza e dereitos», que estará impartida por María Emilia Casas, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid e Ex-Presidenta do Tribunal Constitucional.
María Emilia Casas Baamonde foi a primeira muller en España en obter a cátedra de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. En decembro de 1998 foi elixida Maxistrada do Tribunal Constitucional, sendo o membro máis novo ingresado na historia desta institución, e en 2004 foi nomeada Presidenta, posto no que permaneceu ata 2011, convertíndose na primeira muller en acadar este cargo. Medalla de Ouro de Galicia 2018, entre outras distincións, foi investida en 2021 doutora honoris causa pola USC dado o seu compromiso coa universidade e coa sociedade a través da defensa da democracia e as súas institucións así como dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller.