Conferencia «Xustiza e dereitos» de María Emilia Casas

Data
Luns, 12 de decembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Sociedade Civil
Compartir

O luns, 12 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Xustiza e dereitos», que estará impartida por María Emilia Casas, ex-Presidenta do Tribunal Constitucional.

María Emilia Casas Baamonde, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid, foi a primeira muller en España en obter esta cátedra. En decembro de 1998 foi elixida Maxistrada do Tribunal Constitucional, sendo o membro máis novo ingresado na historia desta institución, e en 2004 foi nomeada Presidenta, posto no que permaneceu ata 2011, convertíndose na primeira muller en acadar este cargo. Medalla de Ouro de Galicia 2018, entre outras distincións, foi investida en 2021 doutora honoris causa pola USC dado o seu compromiso coa universidade e coa sociedade a través da defensa da democracia e as súas institucións así como dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller.

Próximos eventos Ver axenda