Conferencia «Bos viños de Galicia: tradición e desenvolvemento rural» de Luis e Alejandro Paadín

Data
Luns, 19 de decembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 19 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Bos viños de Galicia: tradición e desenvolvemento rural», que estará impartida polos sumilleres Luis e Alejandro Paadín.

Luis L. Paadín, profesor de Análise Sensorial e Servizo así como Técnico de Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo, é Director dos eventos “Galician Wines”. Durante 10 anos tamén foi Director do Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, así como Director do III Concurso Internacional de Viños do Noroeste e I Campeón Nacional do Concurso Europeo “Embajadores del Champagne”. 

Alejandro Paadín, Graduado en Enxeñería de Deseño e Desenvolvemento do Produto pola Universidade da Coruña, formouse en Dirección Integrada de Proxectos na Universidade de Vigo. Exerceu como sumiller e maître en varios restaurantes recoñecidos con Estrela Michelín, así como en establecementos de eventos de alto nivel. Director técnico dos eventos “Galician Wines”, foi Xerente do Salón dos Viños e Augardentes de Galicia durante 5 anos. Foi recoñecido como Campeón Nacional do Concurso Europeo “Embajadores del Champagne 2013-2015” e Campeón de Sumilleres de Galicia 2012.

Ambos os dous son Formadores Homologados de Viños de Xerez C.R. Jerez, Formadores en Cava e Educadores Oficiais da Rioxa. Membros de diversas asociacións, destacan a Federación Internacional de Periodistas e Escritores do Viño e Espirituosos (FIJEV) e a Federación Internacional de Periodistas e Escritores de Turismo (FIJET), así como a Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia", da que Luis foi socio fundador e presidente durante 4 anos e Alejandro membro activo dende hai máis dunha década, tendo sido o seu Secretario Xeral e Vicepresidente durante varios anos.

Próximos eventos Ver axenda