Visita guiada á exposición «De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell» no Museo Centro Gaiás

Data
Venres, 20 de xaneiro de 2023
Horario
17.00h
Lugar
Museo Centro Gaiás
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 20 de xaneiro, ás 17.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell», situada no Museo Centro Gaiás.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o luns, 16 de xaneiro.

Esta exposición reúne 41 obras da Colección de Arte Banco Sabadell, pertencentes a tres xeracións de artistas, dos máis relevantes de Galicia, España e Portugal, cos que se percorre a evolución da arte contemporánea desde a segunda metade do século XX ata os nosos días. Atopamos pezas de figuras fundamentais que abriron novos camiños na pintura, a escultura e a arte plástica. Pioneiros do informalismo e da abstracción, e tamén da arte conceptual como Antoni Tàpies, Jorge Oteiza, Isidoro Valcárcel-Medina, Eduardo Chillida, Esther Ferrer, Jorge Teixidor, Miquel Navarro, Ana Jotta, Antón Patiño e Sergi Aguilar. A segunda xeración está composta por artistas nacidos maiormente entre finais dos 40 e dos 50 con traballos que afondan na experimentación coa técnica e os materiais para crear propostas que reflexionan sobre a relación da arte coa literatura e a palabra, os medios de comunicación de masas, a natureza ou a arquitectura, realizadas por Txomin Badiola, Manolo Paz, Susana Solano, Jaume Plensa, Pedro Cabrita Reis, Cristina Iglesias, Juan Ulsé, Pep Durán, José Pedro Croft, Ignasi Aballí, Montserrat Soto e Lluis Hortalà. O percorrido remata coas creacións de artistas nacidos a partir da década dos 60 que continúan a exploración fóra dos límites, tanto da obra artística como da súa relación co espazo de exhibición como Mar Arza, Irma Álvarez-Laviada, Alicia Framis, José Dávila, Ángela de la Cruz, Alberto Peral, Dora García, Itziar Okariz, Oriol Vilapuig, Mateo Maté, Jordi Colomer, David Bestué, Christian García Bello e Teresa Solar Abboud.

Próximos eventos Ver axenda