Acto de entrega do premio Alfredo Vicenti 2022
- Data
- Martes, 20 de decembro de 2022
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Podcast «Historias dun país en guerra» de Nuria López Presedo
O martes, 20 de decembro, ás 19.00 horas terá lugar no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, a entrega do premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2022 a Nuria López Presedo polo traballo titulado «Historias dun país en guerra», unha serie de podcasts de 35 capítulos publicados en Radio Galega Podcast entre o 9 de maio e o 24 de xuño de 2022.
Tamén se entregará o accésit a Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela polo traballo «Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar asequible?», publicado en Té con gotas o 12 de xaneiro de 2022.
O fallo do xurado, constituído por representantes do Ateneo de Santiago e a Facultade de Xornalismo da USC, entre outros, deuse a coñecer o pasado 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.