Conferencia «Intelixencia Artificial e ética: unha parella indisoluble» de Amparo Alonso

Data
Luns, 9 de xaneiro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 9 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Intelixencia Artificial e ética: unha parella indisoluble», que estará impartida por Amparo Alonso, Comisionada da UDC para o desenvolvemento do nodo de Intelixencia Artificial.

Amparo Alonso Betanzos é Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña (UDC). As súas liñas de investigación actuais son o desenvolvemento de modelos de Aprendizaxe Máquina Escalables e a Intelixencia Artificial Confiable e Explicable, entre outros. Licenciada en Químicas e Doutora en Físicas pola Universidad de Santiago de Compostela, foi Posdoutoral Fellow no Medical College de Georgia (EEUU), onde traballou en temas relacionados co desenvolvemento de Sistemas expertos para aplicacións médicas. Foi Vicedecana e Coordinadora Erasmus, Directora do Departamento de Computación, Coordinadora da Especialidade de Sistemas Intelixentes do Master en Informática e Coordinadora do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde. Así mesmo, foi tamén Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial dende 2013 ata 2021 e participou como membro do Grupo de Traballo en Intelixencia Artificial do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MINCIU), que colaborou na redacción da Estratexia Española de I+D+I en Intelixencia Artificial en 2018. Forma parte da “Reserve List” do Grupo de Alto nivel de Expertos europeos en Intelixencia Artificial (AI HLG), dende 2018 e da European AI Alliance así como dende 2020 da Comisión Asesora del Gobierno en Inteligencia Artificial (CAIA). Actualmente é Comisionada da UDC para o desenvolvemento do nodo de Intelixencia Artificial da Cidade das TIC na Coruña, lugar elixido recentemente como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia). Obtivo premios como o Helena Rubinstein-UNESCO “Women in Science” en España e finalista europea (1998), Premio Galicia TIC á Innovación Dixital (2004), Premio Galicia TIC á traxectoria profesional (2019), Premio Josefa Wonenburger Planells da Xunta de Galicia (2020) e Premio Galega do ano 2020 do Grupo Correo Gallego. 

Próximos eventos Ver axenda