Debate sobre «Cuentos de tatuajes: una antología de tinta» de John Miller

Data
Martes, 17 de xaneiro de 2023
Horario
17.45h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días 10 e 17 de xaneiro, ás 17.45h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Cuentos de tatuajes: una antología de tinta, de John Miller.

Estes quince Cuentos de tatuajes (1882-1952) son rarezas onde a tatuaxe se asocia co criminal, o aventureiro, o perverso, pero tamén coa arte e o amor. Autores coñecidos como Hjalmar Söderberg, Jun’ichirō Tanizaki, Saki, Heimito von Dederer, Egon Erwin Kisch e Roald Dahl conviven con outros esquecidos pero que tamén viron na tatuaxe un motivo inspirador: unha lembranza dun pasado que se quere esquecer, unha marca de lealdade, ás veces unha maldición, sempre un misterio. A tatuaxe dá pé a inquietantes fabulacións ao redor da identidade, a comunidade, o rexeitamento social, o sentimento místico e o encanto perverso.

John Miller (Chatham, 1973) é profesor de Literatura do Século XIX na Universidade de Sheffield. As súas investigacións xiran ao redor da literatura vitoriana e eduardiana, como as descricións literarias de animais, exotismo, moda e carne cultivada. Leva todo o corpo tatuado. En 2021 publicou The Philosophy of Tattoos.

Próximos eventos Ver axenda