Conferencia «Picasso, unha biografía galega» de Rubén Ventureira
- Data
- Luns, 16 de xaneiro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 16 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura para conmemorar o Ano Picasso, titulada «Picasso, unha biografía galega», que estará impartida por Rubén Ventureira, Xornalista, escritor e biógrafo de Picasso.
Rubén Ventureira, Máster en Xornalismo, xestor cultural e comisario de exposicións, foi Coordinador do evento «A Coruña. 120 anos despois» (2015), dedicado á etapa coruñesa de Picasso e que constou de seis exposicións, entre elas El primer Picasso. A Coruña 1891-1895 (Museo Belas Artes da Coruña, 2015), mostra da que foi membro do comité técnico e codirector do catálogo. Nos últimos anos ten comisariado, entre outras, as exposicións Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso (Museo Provincial de Lugo, 2016; Palexco, A Coruña, 2017); Picasso visto por Edward Quinn (Museo Picasso de Buitrago de Lozoya, Comunidad de Madrid, 2017) e Picasso. A formación dun xenio (Yuely Art Museum, China 2018). É autor dos libros Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacemento de un pintor (2014) e Picasso, Ramón Pérez Costais y el Colegio de Médicos de A Coruña (2019). Ademais, publicou diversos artigos sobre Picasso en varios catálogos. En 2023 será comisario da exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, no Museo de Belas Artes da Coruña.