Debate sobre «Huaco Retrato» de Gabriela Wiener

Data
Martes, 7 de febreiro de 2023
Horario
17.45h
Lugar
Ateneo de Santiago
Compartir

Os días 7 e 14 de febreiro, ás 17.45h no local social do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra Huaco Retrato, de Gabriela Wiener.

Huaco Retrato  conta a historia dun familiar afastado da autora. Movida pola morte do seu pai e as pantasmas da herdanza, comeza a investigar o seu pasado, tratando de averiguar a vida que levou. Con unha intelixencia tremenda e humor irreverente, Wiener rescata así do arquivo familiar unha historia íntima que forma parte tamén da historia infame do continente americano.

Gabriela Wiener Bravo (Lima, Perú, 1975) é unha escritora e xornalista peruana que pertence ao grupo de novos cronistas latinoamericanos, pero reside en España desde o ano 2003. Filla do analista político e xornalista peruano Raúl Wiener e da traballadora social Elsi Bravo Castelo, estudou lingüística e literatura na Pontificia Universidade Católica do Perú. Así mesmo, realizou unha mestría en cultura histórica e comunicacións na Universidade de Barcelona. É autora de varios libros, tales como Sexografías (2008), Nueve lunas (2009), Mozart, la iguana con priapismo y otras historias (2011) ou Llamada perdida (2014).

Próximos eventos Ver axenda