Conferencia «Pandemia, saúde mental e enfermidade mental en Galicia» de Raimundo Mateos

Data
Luns, 23 de xaneiro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Sociedade Civil
Compartir

O luns, 23 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Pandemia, saúde mental e enfermidade mental en Galicia», que estará impartida por Raimundo Mateos, Profesor Titular de Psiquiatría da USC.

Raimundo Mateos Álvarez, Psiquiatra, é Psicoterapeuta de grupo pola Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas (FEAP). Profesor Titular de Psiquiatría (USC), con praza asistencial vinculada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten un Máster en Dirección e Xestión de Centros Xerontolóxicos (USC), liderando dende hai trinta anos a Unidade de Psicoxeriatría de Santiago de Compostela. Docente da Facultade de Medicina e Odontoloxía e do Máster de Psicoxerontología (USC), é colaborador na docencia xerontolóxica doutras universidades (UAB, UDC, Porto, Universidade Nova de Lisboa). Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a súa liña marco de investigación é a Epidemioloxía Psiquiátrica (de campo e clínica), centrándose especialmente no estudo da prevalencia e factores de risco das enfermedades mentais en Galicia, a adaptación de instrumentos de avaliación clínica e investigación na contorna galega, o estudo de necesidades das persoas maiores (o seu grupo validou o Camberwell Assessment of Needs of the Elderly, CANE), a carga dos cuidadores e a Telepsicoxeriatría. Foi Director do estudo epidemiolóxico sobre Prevalencia de Trastornos Mentais en Galicia, encargado pola Consellería de Sanidade á Sociedad Española de Epidemioloxía Psiquiátrica. É membro do comité editorial e revisor de varias revistas do ámbito psicoxeriátrico nacional e internacional e foi membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), vicepresidente da European Association of Geriatric Psychiatry (EAGP), e presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG) e da International Psychogeriatric Association (IPA). 

Próximos eventos Ver axenda