Obradoiro de Radio Ateneo Podcast

Data
Venres, 17 de febreiro de 2023
Horario
12.15h
Lugar
Ateneo de Santiago
Máis información

Preinscrición obrigatoria en radio@ateneodesantiago.gal, antes do luns, 23 de xaneiro.

Compartir

Os próximos días 27 de xaneiro e 3, 10 e 17 de febreiro o Ateneo de Santiago ten programado un novo obradoiro de radio e podcasting, dirixido a todas as persoas que queiran incorporarse a este proxecto, agora que xa o coñecen tras dous anos de funcionamento, así como ás que xa participan e queren mellorar e innovar nos seus podcasts e a aquelas que asistiron ao obradoiro impartido por Xosé Ramón Pousa hai dous anos, cando se inaugurou Radio Ateneo Podcast, co fin de recordar conceptos e poñelos en práctica.

Este novo obradoiro, que estará dirixido por David Sobrino, Graduado en Xornalismo e técnico de Radio Ateneo Podcast, dividirase en catro sesións dunha hora de duración, comezando ás 12.15h.

Os contidos serán os seguintes:
    - Sesión 1 (27 de xaneiro): O podcast, a idea de podcasting e a redacción de textos para radio e podcast.
    - Sesión 2 (3 de febreiro): Os elementos radiofónicos: a voz, a música, os efectos sonoros e o silencio.
    - Sesión 3 (10 de febreiro): A tecnoloxía para a radio e o podcast: micrófonos e aparellos de gravación e tratamento do audio.
    - Sesión 4 (17 de febreiro): Estratexias de captación de audiencia: redes sociais, posicionamento e fragmentación de audiencias.

Os contidos serán tanto teóricos como prácticos, pretendendo comezar o deseño ou creación dun proxecto de podcast ou ben a innovación dos xa existentes en Radio Ateneo.

Para participar é necesario inscribirse previamente en radio@ateneodesantiago.gal, antes do luns, 23 de xaneiro.

Próximos eventos Ver axenda