Inauguración do Seminario Europa: «Federalismo e Unión Europea: o papel do Parlamento» con Cristina Ares
- Data
- Mércores, 25 de xaneiro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O mércores, 25 de xaneiro, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no local social do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, a inauguración do Seminario Europa co tema «Federalismo e Unión Europea: o papel do Parlamento». O acto estará conducido por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC.
Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, analiza os asuntos da Unión Europea empregando un enfoque multinivel. Os seus traballos de investigación recentes versan sobre o impacto da integración europea na gobernanza rexional e local e o axuste a “Europa” da política de partidos.
