Presentación do libro «Cemiterios egrexios e tumbas de poetas» de Xosé Gándara Arjomil
- Data
- Mércores, 1 de febreiro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 1 de febreiro, ás 19.30h, terá lugar na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Cemiterios egrexios e tumbas de poetas» de Xosé Gándara Arjomil. No acto participarán:
- Xosé Gándara Arjomil, autor da obra
- Carmen Teixeira, Profesora de instituto
- Antón Porteiro, Directivo do Ateneo de Santiago
Este libro intenta dar a coñecer dunha maneira divulgativa e amena, acompañándose de fotografías e facilitando as coordenadas para as localizacións, o noso patrimonio funerario, bastante descoñecido e ignorado, e a literatos insignes.
NOTA: Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.