Conferencia «A música no Códice Calixtino» de Carlos Villanueva
- Data
- Luns, 27 de febreiro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 27 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Compostela, titulada «A música no Códice Calixtino», que estará impartida por Carlos Villanueva, Catedrático de Música da USC.
Carlos Villanueva Abelairas, un dos maiores expertos mundiais en música medieval, é profesor visitante da Universidade de Pennsylvania e asesor da Universidade Católica de Porto, así como profesor habitual de terceiro ciclo nas universidades de Oviedo, Granada, Autónoma de Barcelona e UNAM (México). Foi codirector do proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria e fundador e director do grupo In Itinere da Universidade de Santiago (1977-2003) co que gravou unha ducia de CDs con repertorio medieval, renacentista e barroco, obtendo dous Premios Nacionais de Discografía (1984 e 1986) e o Premio Galegos do Mundo (2000). As súas liñas de investigación abarcan dende o estudo e a interpretación historicista da música antiga, a música nas catedrais galegas ou a relación música e literatura, con traballos de referencia sobre Alejo Carpentier, Valle-Inclán e Víctor Said Armesto. Foi investigador principal do proxecto de investigación «Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1936)» (HAR 209‑09161) e actualmente do I+D+i «Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): cidades do eixo atlántico» (HAR 2015-64024- R). En 1982 obtivo o Premio da Crítica Galicia na categoría de música.