Presentación do libro «Escorpio» de Ricardo Carvalho Calero

Data
Martes, 14 de febreiro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 14 de febreiro, ás 19.30h, terá lugar na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Escorpio» de Ricardo Carvalho Calero. No acto participarán:
   - José Manuel González Herrán, Directivo do Ateneo de Santiago e profesor emérito da USC
   - Darío Villanueva, Ex-Director da RAE e profesor emérito da USC
   - Carmen Blanco, escritora, autora da tradución e do prólogo do libro
   - Concepción Fernández, representante da Editorial Cielo Eléctrico

Parte da novela Escorpio, recoñecida no seu momento co Premio á Crítica Narrativa de Galicia, transcorre no ambiente universitario e político que se viviu na época en Galicia, e concretamente en Santiago de Compostela. Nun escenario de tempos convulsos e desconcertantes e dando cabida ás vivencias frescas e sempiternas das personaxes nos seus anos de xuventude, o autor convídanos a reconciliarnos co noso pasado histórico. Así, ofrecendo un fiel retrato daquelas persoas ás que a Guerra civil española sorprendeu antes de acadar a madurez vital, Carvalho Calero consegue introducir ao lector contemporáneo no fragor da intelectualidade do momento, nas constantes do amor e o desenvolvemento da amizade. Esta novela adquire especial relevancia para a rapazada de hoxe en día, ao abordar con grande agudeza emocional e nun paralelismo coas circunstancias históricas actuais, a vivencia a unha idade tan temperá dunha sociedade en crise.

Ricardo Carvalho Calero (1910 – 1990), unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega dende 1958. No ano 2020 dedicouse á súa figura o Día das Letras Galegas, tendo sido un dos máis destacados investigadores da lingua galega. A súa creación literaria abarca o exercicio poético, a narrativa, o ensaio e o teatro, sumando unha vintena de publicacións, destacando obras tan emblemáticas como a Historia da literatura galega contemporánea (1963) ou a Gramática elemental do galego común (1966), primeira investigación neste campo que merece a categoría de científica. 

 

NOTA: Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda