Proxección da película «El chamoume Malala» de Davis Guggenheim

Data
Venres, 17 de marzo de 2023
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O venres, 17 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «El chamoume Malala» (He named me Malala) de Davis Guggenheim. Esta proxección, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Juana María Otero, Psicóloga.

El chamoume Malala (He named me Malala)
Director: Davis Guggenheim
Emiratos Árabes, 2015
Un retrato íntimo da activista paquistaní Malala Yousafzai. Ganadora do Premio Nobel da Paz, a persoa máis nova que recibiu tan prestixioso galardón, Malala foi sinalada como obxectivo polos talibáns e sufriu graves feridas por arma de fogo cando regresaba no autobús escolar á súa casa, no Val de Swat (Pakistán). Este ataque provocou a protesta das persoas que a apoiaban en todo o mundo. Milagrosamente sobreviviu e agora, como cofundadora do Fondo Malala, é unha destacada defensora da educación das nenas en todo o mundo.

Juana María Otero Suárez, natural de Santiago de Compostela, é Licenciada en Psicoloxía, especialista en Pedagoxía Terapéutica e Logopedia. Foi Xefa da Sección de Educación Especial na Consellería de Educación da Xunta de Galicia, profesora de Educación Secundaria e mestra de Educación Infantil e Primaria. Os seus intereses son os temas de actualidade relacionados coa psicopedagoxía e mellora da comprensión da lectura así como benestar, saúde e prevención de problemas de saúde mental.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda