Proxección da película «Machuca» de Andrés Wood
- Data
- Mércores, 22 de marzo de 2023
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 22 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Machuca» (Machuca) de Andrés Wood. Esta proxección, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Machuca (Machuca)
Director: Andrés Wood
Chile, 2004
Santiago de Chile, 1973. Gonzalo Infante e Pedro Machuca, dous nenos de once anos, viven en dous mundos diametralmente opostos: o primeiro nun barrio residencial, e o segundo nun poboado ilegal a pouca distancia do anterior. O director dun colexio relixioso privado, o pai McEnroe, é un idealista que, co apoio dalgúns pais, intenta integrar no elitista colexio a rapaces procedentes dese poboado. É así como Pedro Machuca e Gonzalo Infante chegan a ser compañeiros de clase e amigos nun momento de gravísíma división e confrontamento dentro da sociedade chilena.
Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.