Visita guiada á exposición «Valle-Inclán íntimo» no Colexio de Fonseca
- Data
- Martes, 7 de marzo de 2023
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Colexio de Fonseca
- Máis información
O martes, 7 de marzo, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «Valle-Inclán íntimo», situada no Colexio de Fonseca, que estará guiada pola súa Comisaria Margarita Santos Zas.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 28 de febreiro.
Esta mostra presenta en primicia o patrimonio artístico persoal do escritor, incluíndo pinturas, esculturas, caricaturas, retratos, tipografía orixinal, obxectos persoais, mobiliario e libros que lle adicaron autores galegos, entre outras pezas que foron cedidas para a exposición polos irmáns Valle-Inclán Alsina. Concibida como un percorrido estético dende o modernismo ata o expresionismo e a nova figuración, articúlase en cinco seccións, onde a obra plástica e os obxectos establecerán un diálogo coas partes documentais como entrevistas, conferencias, cartas, textos das súas obras orixinais e manuscritos, entre outros.