Visita guiada á exposición «Sucasas. Camiño e mitoloxía» no Museo das Peregrinacións

Data
Venres, 3 de marzo de 2023
Horario
17.00h
Lugar
Museo das Peregrinacións
Máis información

Podcast Los museos de Santiago de Compostela: Camiño e mitoloxía de Maricarmen Sánchez

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 3 de marzo, ás 17.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «Sucasas. Camiño e mitoloxía», situada no Museo das Peregrinacións, que estará guiada pola Historiadora da arte Maricarmen Sánchez.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o luns, 27 de febreiro.

Comisariada pola especialista en arte contemporánea Pilar Corredoira, esta mostra está composta por unha selección de 56 pinturas, debuxos e bosquexos correspondentes fundamentalmente á etapa produtiva de Alfonso Sucasas entre 1992 e 1993, onde o Camiño de Santiago e a mitoloxía relixiosa supuxeron unha fonte de reflexión para o pintor. A serie sitúa, nun mesmo plano, lendas e crónicas que se refiren ao ben, ao mal, milagres, pasaxes relativos á alma humana e ao sobrenatural. O artista rescata figuras simbólicas e colócaas nun contexto contemporáneo, dotándoas dunha iconografía propia, á vez que as incorpora ao seu universo creativo.

Próximos eventos Ver axenda