Asemblea ordinaria de socias e socios do Ateneo de Santiago 2023
- Data
- Luns, 27 de marzo de 2023
- Horario
- 18.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19

Segundo acordo da Xunta Directiva, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias do Ateneo de Santiago para o luns, día 27 de Marzo do presente ano, en primeira convocatoria ás 17.30 horas e en segunda convocatoria ás 18.30 horas na Rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
1. Informe do Presidente.
2. Aprobación, no seu caso, do Balance e Conta de Resultados do exercicio 2022.
3. Nomeamento de interventores para o ano 2023.
4. Lectura e aprobación das Actas das Asembleas anteriores.
5. Rogos e preguntas.
Ordinariamente, as Asembleas reúnense en segunda convocatoria.