Conferencia «Augas residuais, drogas e saúde» de José Benito Quintana

Data
Luns, 8 de maio de 2023
Horario
19:30h
Lugar
Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 8 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Augas residuais, drogas e saúde», que estará impartida por José Benito Quintana, Profesor de Química Analítica da USC.

José Benito Quintana, nado en Allariz en 1976, licenciouse en Química en 1999 e doutorouse en 2004, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente realizou un posdoutoramento na Universidade Técnica de Berlín, regresando a Galicia en 2005, inicialmente na Universidade da Coruña como investigador Isidro Parga Pondal, e posteriormente en 2008 á USC como investigador Ramón y Cajal. Dende o 2013 ata o 2021 foi Profesor Contratado Doutor, e actualmente é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Química Analítica e actúa como Secretario do Instituto de Investigación en Análises Químicas e Biolóxicas (IAQBUS) da USC. Ten publicado máis de 130 artigos en revistas científicas e múltiples capítulos de libros, cun índice-H de 49 (Scopus) e é membro do Panel Editorial da revista Science of the Total Environment. Ten liderado diversos proxectos nacionais e internacionais. No ámbito da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicas, destacar que é coordinador da rede Española ESAR-Net desde a sua creación no 2017, no cadro da cal coordina o proxecto financiado pola Delegación del Gobierno para o Plan Nacional Sobre Drogas “Exploración del agua residual como indicador complementario, rápido y objetivo para medir o consumo de sustancias de abuso”. Dende o 2022 lidera tamén o paquete de traballo encargado de seguir o consumo de sustancias de abuso dentro da rede RIAPAd, financiada polo Instituto de Salud Carlos III.

Próximos eventos Ver axenda