Coloquio cos candidatos á Alcaldía de Santiago de Compostela

Data
Luns, 24 de abril de 2023
Horario
19:30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela / Páxina web / Youtube / Facebook / Twitter
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Este acto poderase seguir en directo a través da páxina web e redes sociais do Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 24 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela un acto sobre as medidas concretas para recuperar poboación no casco histórico de Santiago e para reducir os efectos derivados do cambio climático na nosa cidade, no que participarán os candidatos á Alcaldía dos partidos políticos con representación municipal, o vixente Alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, candidato do PSdeG-PSOE; Borja Verea, candidato do Partido Popular; María Rozas, candidata de Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, candidata do BNG.

No acto cada un dos candidatos terá unha intervención de 10 minutos para, de seguido, abrir un coloquio co público asistente, arredor destes dous temas de ampla preocupación na cidadanía de Santiago.

Próximos eventos Ver axenda