Conferencia «Francisco Fernández del Riego: contar a vida, vivir a historia» de Henrique Monteagudo

Data
Luns, 15 de maio de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 15 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas titulada «Francisco Fernández del Riego: contar a vida, vivir a historia», que estará impartida por Henrique Monteagudo, Catedrático de Filoloxía Galega na USC.

Henrique Monteagudo é Catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Academia Galega. Tamén é codirector de Grial. Revista de Cultura Galega e membro do padroado da Fundación Penzol. No pasado foi coordinador da Sección de Lingua e secretario do Consello da Cultura Galega. As súas principais liñas de investigación son a historia da lingua, sociolingüística e glotopolítica. Estudou e editou textos galegos de todas as épocas, dende a Idade Media ata a actualidade e coordinou a edición das Obras de Castelao e de Martín Sarmiento, estudoso da súa biografía e obra.

Próximos eventos Ver axenda