Conferencia «Problemática da delincuencia sexual en España» de Ana López-Suevos
- Data
- Luns, 12 de xuño de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 12 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Problemática da delincuencia sexual en España», que estará impartida pola Maxistrada Ana López-Suevos.
Ana López-Suevos Fraguela, Maxistrada do Poder Xudicial dende 1997, está destinada como xuíza titular do xulgado de instrución nº 1 de Santiago de Compostela, onde se encarga, entre outros, dos delitos de natureza sexual e onde tamén exerce a quenda de garda do xulgado. Cabe destacar que Ana coordinou os traballos de elaboración do Protocolo de delitos sexuais do partido xudicial de Santiago, un documento de traballo de primeira orde para a sistematización dos procedementos de distintos operadores implicados na atención das vítimas de violencia sexual. O protocolo foi aprobado en decembro de 2021 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para o seu uso en todo o seu ámbito territorial.