Presentación do libro «Rostros da memoria. Ferrol 1972» de Xurxo Lobato

Data
Mércores, 3 de maio de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 3 de maio, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Rostros da memoria. Ferrol 1972» de Xurxo Lobato. No acto participarán:
   - Xurxo Lobato, autor da obra
   - Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia da USC
   - Susana Alaniz, Presidenta da A.C. Fuco Buxán
   - Xosé Ramón Pousa, directivo do Ateneo de Santiago

Rostros da memoria. Ferrol 1972, é a continuaidade dunha mostra de 2007 que contiña retratos dos represaliados polo franquismo. Trátase de trinta retratos das persoas protagonistas dos sucesos do 10 de Marzo do 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, ademais de resultar feridos ao redor de medio centenar de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada como o día da clase obreira galega polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.  

Xurxo Lobato, nado na Coruña en 1956, licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. É académico da Real Academia Galega de Belas Artes, fotógrafo colaborador de El País, dirixe o festival de Fotografía Olladas e coordina o premio de creación fotográfica Ksado da Deputación da Coruña, entre outras moitas actividades. Ademais, dirixiu cursos na UIMP e a Universidade de Santiago de Compostela, así como recibiu o Premio da Crítica do Día das Letras Galegas, o Premio Ortega e Gasset de fotoxornalismo, concedido polo diario El País, o Premio galego do mes do grupo Correo Gallego ou o premio Gourmand ao mellor libro de fotografía gastronómica, entre outros.

Próximos eventos Ver axenda