Proxección da película «Cabaret» de Bob Fosse

Data
Martes, 2 de maio de 2023
Horario
19.15h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

CINECLUB ATENEO

Compartir

O martes, 2 de maio, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película Cabaret. Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cinema musical de Bob Fosse» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Cabaret
Martes, 2 de maio, 19.15h
Estados Unidos, 1972
Berlín, anos 30. O partido nazi domina unha cidade onde o amor, o baile e a música se mesturan na animada vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde a rapaza Sally Bowles e un divertido mestre de cerimonias fan esquecer as tristezas da vida.

Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda