Seminario Europa: «Consello Europeo: un xefe de estado colectivo?» con Cristina Ares

Data
Mércores, 24 de maio de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 24 de maio, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no local social do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha nova sesión do Seminario Europa co tema «Consello Europeo: un xefe de estado colectivo?». O acto estará conducido por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC.

Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, analiza os asuntos da Unión Europea empregando un enfoque multinivel. Os seus traballos de investigación recentes versan sobre o impacto da integración europea na gobernanza rexional e local e o axuste a “Europa” da política de partidos.

Próximos eventos Ver axenda