Mesa redonda «Reflexión postelectoral» con Fernando Salgado e Xaime Leiro

Data
Luns, 5 de xuño de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Compartir

O luns, 5 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda titulada «Reflexión postelectoral», na que participarán Fernando Salgado, comentarista político de La Voz de Galicia, e Xaime Leiro, Director de El Correo Gallego, e que estará moderada polo xornalista Xosé Ramón Pousa.

Fernando Salgado García, natural de Monterroso, é Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como cronista no Congreso dos Deputados (1976-1980), como xornalista en Mundo Obrero e La Voz de Galicia, onde foi redactor e xefe da sección de Economía entre 1981 e 1987, e foi director de El Progreso (1994-2000), tendo recibido en 1986 o Premio Galicia de Xornalismo Económico. Tamén desenvolveu diferentes cargos políticos como Conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990), Deputado no Parlamento de Galicia (1989-1994) e Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (2005-2009). En 1991 comezou a traballar como profesor na Universidade da Coruña e posteriormente na Facultade de Dereito da USC. 

Xaime Leiro Darriba, natural de Cerdedo, participou durante 40 anos en diferentes proxectos de comunicación, colaborando durante 7 anos en tertulias de varios medios audiovisuais, entre os que se atopa a CRTVG. Comezou a traballar en El Correo Gallego en 1992 como coordinador das delegacións, pasando logo a encargarse das seccións de Galicia e Política. Na nova etapa deste xornal ocupaba o cargo de subdirector e recentemente tomou posesión do cargo de director. Tamén ten realizado funcións editoriais, destacando como coautor do volume Galicia, historia contemporánea. Finais século XX principios século XXI, sobre a historia da democracia, e actualmente é vogal da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda