Compositores, xéneros e contextos (Ateneo Barroco 2023)

Data
Do 4 ao 25 de outubro de 2023
Horario
20.00h
Lugar
Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
Máis información

Web Ateneo Barroco

Venda de entradas

Compartir

COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do Festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e a súa historia, tomando como base os contidos do Festival. As breves sesións, pensadas para calquera tipo de público e de media hora de duración, teñen lugar durante as tardes no espazo de celebración de cada actuación e, sen dúbida, volverán a contribuír a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora de cada concerto. Os protagonistas destes encontros son os artistas do Festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo e dos contidos dos seus programas de concerto, nesta quinta edición do Festival centrados nas figuras de compositoras e compositores singulares como Johann Sebastian Bach, Jean-Philippe Rameau, Karl Friedrich Abel, Georg Friedrich Haendel, Heinrich Ignaz Franz von Biber, etc., dos que descubriremos enriquecedoras achegas sobre as súas composicións, os seus recursos expresivos e estilísticos e os moi diversos ambientes, contornas e circunstancias, recursos, esixencias e oportunidades, público e destinatarios, nos que xurdiu a súa obra, así como dos feitos, circunstancias e argumentos que na actualidade motivan ao intérprete a súa recuperación e presentación ante o público.

Compositores, xéneros e contextos #1
ABEL / A VIOLA DA GAMBA
SARA RUIZ
Igrexa da Universidade
Mércores 4 outubro 2023
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #2
RAMEAU / CUARTETOS
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Igrexa da Universidade
Martes 10 outubro 2023
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #3
HAENDEL / A CANTATA
JONE MARTÍNEZ / MASSIMO SPADANO
Salón Teatro
Luns 16 outubro 2023
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #4
A ARTE DA FUGA / BACH
KENNETH WEISS
Teatro Principal
Mércores 18 outubro 2023
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #5
ROMANCES, BAILAS E TOADAS DO BARROCO HISPANO 
VANESA MUELA / MANUEL VILAS
Teatro Principal
Venres 20 outubro 2023
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #6
BIBER E O VIOLÍN / SONATAS DO ROSARIO
LINA TUR BONET
Salón Teatro
Mércores 25 outubro 2023
20.00h

Próximos eventos Ver axenda