Debate sobre «Fidela» de Elvira Valgañón

Data
Martes, 7 de novembro de 2023
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 7 de novembro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Fidela de Elvira Valgañón.

Fidela é a historia da finca El Espinar e os seus habitantes, onde na noite de San Xoán dos anos trinta do século pasado se celebra unha suntuosa festa de cumpreanos do cabeza de familia á que acuden as persoas máis selectas da sociedade. Setenta anos despois, un sorprendente achado no xardín leva a un xornalista local ata alí para investigar o suceso e recompoñer a historia do que pasou en realidade aquela noite.

Elvira Valgañón, natural de Logroño, en 1977, é licenciada en Filoloxía Hispánica e Inglesa. Os seus relatos apareceron en antoloxías, así como en xornais e revistas literarias, e traduciu, xunto con Ángel María Fernández, Nonsense, antoloxía da poesía do escritor inglés Edward Lear.

Próximos eventos Ver axenda