Debate sobre «Libre. El desafío de crecer en el fin de la historia» de Lea Ypi
- Data
- Martes, 28 de novembro de 2023
- Horario
- 17.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Os martes, 14 e 28 de novembro ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra Libre. El desafío de crecer en el fin de la historia de Lea Ypi.
Libre. El desafío de crecer en el fin de la historia constitúe un retrato personal, histórico e político da caída do estalinismo en Albania e a turbulenta chegada da democracia. En 1990 o réxime comunista de Albania, o último bastión do estalinismo en Europa, desplomouse, levando a unha transición cara ao liberalismo que supuxo a reestruturación da economía, a perda masiva de empregos, a oleada migratoria cara Italia, a corrupción e a quebra do país. Na contorna familiar, ese período trouxo sorpresas inauditas como descubrir que eran as «universidades» nas que supostamente «estudiaran» os seus pais e por que falaban en clave ou en murmurios ou saber que un antepasado formara parte dun goberno anterior ao comunismo e que a familia fora expropiada dos seus bens
Lea Ypi, natural de Tirana (Albania), estudou Filosofía e Literatura na universidade de La Sapienza en Roma, despois de emigrar do seu país. Actualmente dá clases de Teoría Política na London Schools of Economics (LSE) e a maioría do seu traballo componse de estudos académicos sobre Marx, Kant, o nacionalismo e as fronteiras. Esta obra, que foi traducida a 27 idiomas, supón a súa primera incursión na literatura, tendo sido un éxito de premios, boas críticas e lectores en todo o mundo.