Conferencia «Música clásica no ámbito público. Ideas para o século XXI» de Baldur Brönnimann

Data
Luns, 20 de novembro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 20 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Música clásica no ámbito público. Ideas para o século XXI», que estará impartida por Baldur Brönnimann, Director da Real Filharmonía de Galicia.

A relevancia das orquestras sinfónicas e do seu repertorio é unha idea que provén do idealismo alemán de principios do século XIX. Dende entón e, sobre todo, a partir da segunda metade do século pasado, constituíronse  orquestras públicas en todo o mundo, converténdose, moitas delas, en institucións culturais de referencia. Hoxe, as orquestras, como o resto de organizacións do ámbito da cultura, enfróntanse ao desafío de adaptarse ás novas realidades da actualidade. Partindo do exemplo da Real Filharmonía de Galicia, o conferenciante presentará ideas e estratexias que sirvan para conectar as orquestras co mundo do presente de do futuro.

Baldur Brönnimann, director musical e artístico da Real Filharmonía de Galicia, é unha persoa profundamente comprometida coa relevancia da música clásica na sociedade e coa creación actual, sendo moi activo como comisario de novas obras, de diferentes festivais e ciclos así como coa divulgación e formación de novos músicos e público. A súa carreira como director artístico e musical comeza coa dirección titular da Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia en Bogotá, posto que ocupou entre os anos 2008 e 2012, liderando nos últimos anos a Sinfonietta de Basilea, orquestra onde dirixe programas que combinan obras contemporáneas co repertorio estándar. Brönnimann dirixiu salientables interpretacións de obras de compositores como Schnebel ou Zimmerman, téndose convertido nas últimas tempadas nun director moi demandado, dirixindo diversas orquestras e óperas.

Próximos eventos Ver axenda