Conferencia «Pi i Margall: 150 anos da Primeira República» de Ramón Máiz
- Data
- Luns, 27 de novembro
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 27 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Pi i Margall: 150 anos da Primeira República», que estará impartida por Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia Política da USC.
Ramón Máiz Suárez, natural de Tenerife, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor pola mesma universidade (1982), ademais de catedrático en Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas, onde foi decano entre 1989 e 1996. Actualmente coordina o Equipo de Investigacións Políticas da USC, que agrupa investigadores e investigadoras que traballan temas moi variados de Ciencia Política como nacionalismo, federalismo, partidos, eleccións, sondaxes de opinión, liderado, marketing e campañas electorais, xénero e política, historia institucional e conceptual. Tamñen é autor de obras de ensaio como O rexionalismo galego: organización e ideoloxía 1886-1907, O sistema político de Galicia. As Institucións, Idea de Nación ou A arte do imposible. Esta última fíxolle gañar en 2010 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.