Visita guiada á exposición «Unha historia posible do CGAC» no Centro Galego de Arte Contemporánea

Data
Venres, 17 de novembro de 2023
Horario
11.30h
Lugar
Centro Galego de Arte Contemporánea
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 17 de novembro, ás 11.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Unha historia posible do CGAC», situada no Centro Galego de Arte Contemporánea.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 14 de novembro.

Esta mostra propón un percorrido expositivo organizado en dous niveis que evoca moitos dos momentos e pezas claves da historia do CGAC a partir dunha coidada selección de obras, moitas das cales forman parte da colección do centro.

Próximos eventos Ver axenda