Presentación do libro «Sutiles presencias» de José Francisco Rodil Lombardía

Data
Mércores, 29 de novembro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 29 de novembro, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Sutiles presencias» de José Francisco Rodil Lombardía. No acto participarán:
   - Francisco Candela, Vicepresidente do Ateneo de Santiago
   - Xavier Lama, xornalista e escritor
   - Cristian Velasco, editor de Velasco Ediciones
   - José Francisco Rodil Lombardía, autor da obra

Sutiles presencias agrupa dez contos protagonizados por espíritos que sinten nostalxia do que foron en vida: una pianista, un catedrático, unha tendeira, un topógrafo… Dez historias que falan das presenzas sutís, etéreas, que se manifestan de improviso e apenas podemos percibir e comprender, só sentir como unha brisa tenue que nos estremece. Anhelos, paixóns, querencias, reivindicacións e lamentos. Melancolías de pantasmas.

José Francisco Rodil Lombardía é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como redactor no diario Informaciones, no departamento de prensa do Ministerio de Administración Territorial, en El Correo Gallego e en Televisión de Galicia. Foi, así mesmo, xefe de control de cadea da CRTVG, director da Voz de Asturias e delegado do Grupo Z en Asturias. Na actualidade, é vocal da Comisión de Garantías da Federación de Asociacións de Xornalistas de España. 

Próximos eventos Ver axenda