Debate sobre «Las primas» de Aurora Venturini

Data
Martes, 23 de xaneiro de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 9 e 23 de xaneiro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra Las primas de Aurora Venturini.

Las primas é unha historia de iniciación ambientada nos anos 40 que mostra o mundo dunha familia de clase media baixa da cidade de La Plata, onde todas son mulleres con algunha deformidade física, mental ou imaxinaria. Yuna, unha nena de doce anos condenada ao esquecemento, ou incluso a un destino máis cruel, que sae adiante e se converte nunha pintora famosa, narra en primeira persoa as mitoloxías do barrio, a familia, a sexualidade feminina e o ascenso social a través da práctica das Belas Artes.

Aurora Venturini (La Plata, 1921-Buenos Aires, 2015) foi narradora, poeta, tradutora, docente e ensaísta. Traballou como asesora no Instituto de Psicoloxía e Reeducación do Menor, onde coñeceu a Eva Perón, de quen foi amiga íntima. Tras o golpe de Estado de 1955, exiliouse en París, onde compartiu tertulias e noites de bohemia con personaxes como Jean Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Albert Camus, Eugène Ionesco ou Juliette Gréco. Escribiu máis de corenta libros pero foi en 2007, aos 85 anos, cando con Las primas acadou o recoñecemento que ata entón se lle negara, consagrándoa como unha das narradoras máis interesantes da literatura arxentina contemporánea. 

Próximos eventos Ver axenda