Debate sobre «Mi padre alemán» de Ricardo Dudda

Data
Martes, 9 de abril de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 9 de abril, ás 17.30h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Mi padre alemán de Ricardo Dudda. 

Mi padre Alemán é unha obra narrativa de non ficción onde o autor reconstrúe a infancia e xuventude do seu pai, un home prusiano que fuxiu do seu fogar tras a Segunda Guerra Mundial e sobreviviu en campos de refuxiados durante unha década. Esta peza biográfica recolle unha conversa entre un pai e un fillo que lembran o pasado e trata temas como o desarraigo, a vellez, a culpa ou a morte. Ricardo Dudda enfróntase a este estudo sobre a vida do seu pai, entablando longas conversas cun home que reside e goza dos seus días nun pequeno pobo de Murcia. Experto en publicidade, chegou a España namorado da súa cultura e as súas xentes. Nun xogo de reunións, charlas e intercambio de impresións paterno filiais, o pai vai achegando pouco a pouco a súa vida ao seu fillo. Mi padre Alemán foi ademais finalista do II Premio de Non Ficción Libros do Asteriode.

Ricardo Dudda (Madrid, 1992) colaborou nalgunhas das máis famosas publicacións españolas, así como en portais internacionais. Como xornalista, traballou como editor e redactor na revista cultural Letras Libres. En conxunto, foi columnista para The Objective, ao igual que en El País, onde ten unha participación recorrente dende hai cinco anos, e actualmente escribe tribunas para El Mundo. De igual forma, prestou a súa pluma para crear artigos de opinión, política, sociedade e cultura en Ethic, Revista de Libros, Nueva Sociedad, Playground e outras publicacións. Traballar en todos estes medios levouno a escribir os libros polos que é máis coñecido hoxe en día, dándolle un lugar na lista dos grandes autores contemporáneos, e sendo unha inspiración para creadores inexpertos.

Próximos eventos Ver axenda