Proxección da película «Profesor Lazhar» de Philippe Falardeau
- Data
- Martes, 5 de marzo de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 5 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Prosefor Lazhar» (Monsieur Lazhar) de Philippe Falardeau. Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.
Profesor Lazhar (Monsieur Lazhar)
Director: Philippe Falardeau
Canadá, 2011
Nunha escola normal e corrente do sistema de educación básica de Montreal, no Canadá francoparlante, unha profesora suicídase dentro da aula, o cal orixina unha sensación de malestar nos alumnos e alumnas que son conscientes do que pasou, causando un proceso de duelo. Bachir Lazhar, un inmigrante arxelino, contratado como substituto, está vivindo tamén a súa propia traxedia e enfróntase a grandes desafíos, tanto dende o ámbito cultural como dende o docente.
José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo, Académico correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Sociedade de Literatura Española do século XIX (SLESXIX).