Conferencia «O ciclo urbano da auga en Santiago de Compostela: retos e solucións nun escenario de cambio climático» de Juan M. Lema Rodicio

Data
Luns, 5 de febreiro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compostela
Compartir

O luns, 5 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Compostela, titulada «O ciclo urbano da auga en Santiago de Compostela: retos e solucións nun escenario de cambio climático», que estará impartida por Juan M. Lema Rodicio, Catedrático emérito de Enxeñaría Química na USC e coordinador científico de CRETUS.

Tras unha breve introdución histórica sobre o desenvolvemento do abastecemento de auga en Santiago dende o século IX, analizaranse as infraestruturas actuais, tanto de abastecemento e distribución de auga potable como as de saneamento e tratamento de augas residuais en Santiago de Compostela, incluíndo información sobre a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Como efectos inmediatos do cambio climático prevese, por unha parte, unha intensificación de períodos de escaseza e, pola outra, a concentración temporal de precipitacións intensas, provocando as correspondentes alteracións. Na charla presentaranse algunhas solucións técnicas de potencial interese para poder mitigar, tanto as inundacións como o subministro en períodos de seca, incluíndo tecnoloxías en fase de investigación. 

Juan M. Lema Rodicio, natural de Conxo, é Catedrático Emérito de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC), coordinador científico de CRETUS (Cross-disciplinary Research in Environmental Technologies) e Presidente da Real Academia Galega de Ciencias. Director de 61 Teses Doutorais, autor de máis de 450 artigos en revistas e capítulos de libros internacionais (índice h Scopus: 73) e de 20 patentes (9 delas europeas ou internacionais), figura, así como seis dos seus ex-doutorandos, na lista de Stanford no grupo de científicos máis citados (2%) a nivel mundial. Os seus intereses en investigación, na área de Biotecnoloxía ambiental, céntranse no desenvolvemento de tecnoloxía e procesos orientados ao tratamento e recuperación de residuos de augas residuais e Bioprocesos, en base ao concepto de biorefinería. Foi director dos Departamentos de Enxeñería Química da Universidade Autónoma de Barcelona e da USC, promotor e primeiro director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e primeiro presidente da Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Química (CODDIQ), da cual é Presidente honorario. Recibiu varios premios e distincións como o European Prize A-IQS for industrial enzymes, o Premio Babcock á innovación tecnolóxica, o Premio da  Fundación García Cabrerizo á innovación científica, o Dr. Honoris causa pola Pontífica Universidad Católica de Valparaíso (Chile), o Politécnico de Milán (Italia), a Universidade de Valladolid e a Universitat Autònoma de Barcelona e a Insignia de Ouro da USC, ademais de ser Profesor honorario da Universidade de Queensland (Australia) e “Distinguished Fellow” (entre 50 a nivel mundial) da International Water Association (IWA).