Visita guiada á arquitectura e historia do CGAC
- Data
- Martes, 27 de febreiro de 2024
- Horario
- 11.00h
- Lugar
- Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
O martes, 27 de febreiro, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada gratuíta á arquitectura e historia do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 13 de febreiro.
Durante o transcurso desta visita falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade. Farase un percorrido dende o pórtico exterior ata a cuberta do edificio na que está instalada de xeito permanente a obra Triangular Pavilion do artista Dan Graham.