Presentación da adaptación gráfica de «Memorias dun neno labrego» de Neira Vilas

Data
Martes, 6 de febreiro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 6 de febreiro, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, a presentación da adaptación gráfica da obra «Memorias dun neno labrego». No acto participarán:
   - Fernando Redondo, Presidente da Fundación Xosé Neira Vilas
   - Pilar Sampedro, Secretaria do Ateneo de Santiago
   - Iria Aldegunde, Ilustradora

Memorias dun neno labrego é a obra máis lida e traducida da literatura galega, que se presenta por primeira vez en adaptación gráfica. Publicada na colección Novela Gráfica, a adaptación a banda deseñada do clásico de Neira Vilas está debuxada con sentimento e bo pulso narrativo. A ilustradora Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas. Nesta novela gráfica atoparanse moitas desas respostas.

Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e A Habana. Da súa extensa e variada obra literaria, cómpre salientar Memorias dun neno labrego (1961), das novelas galegas máis reeditadas e traducidas.

Iria Aldegunde (Santiago de Compostela, 2000), historietista, compaxinou os estudos de Filoloxía Inglesa xunto coa súa formación en banda deseñada na escola profesional O Garaxe Hermético. Participou nos libros colectivos Florencio (2022) e Gaspariño XXI (2023).