Proxección da película «O taller de escritura» de Laurent Cantet

Data
Mércores, 6 de marzo de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

III MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O mércores, 6 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «O taller de escritura» (L'Atelier) de Laurent Cantet. Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC.

O taller de escritura (L'Atelier)
Director: Laurent Cantet
Francia, 2017
Ambientada en A Ciotat (Francia), Antoine acepta formar parte dun taller de escritura onde uns mozos en proceso de inserción social deben escribir unha novela negra coa axuda de Olivia, unha coñecida escritora. Volven a xurdir o pasado obreiro da cidade e o astilleiro pechado hai 25 anos pero nada disto interesa a Antoine. Volcado nas preocupacións actuais, oponse ao grupo e a Olivia cunha violencia que alarma e seduce á novelista.

Miguel Zabalza Beraza é Licenciado en Psicoloxía e Pedagoxía e Doutor en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor Honoris Causa polo IME de Oaxaca (México) e pola Pontificia Universidade Católica de Río Grande do Sul (PUCRS) de Porto Alegre (Brasil), tamén é Profesor Honorario da Universidade de Villa María (Arxentina). Actualmente é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC, onde tamén foi Decano da Facultade de Ciencias da Educación, director do Instituto de Ciencias da Educación, membro do Claustro e da Xunta de Goberno e membro da Comisión de Calidade. Ocupa os cargos de Presidente de AIDU (Asociación Iberoamericana de Didáctica Universitaria), REDU (Red de Docencia Universitaria) e do Instituto Latinoamericano de Estudios de la Infancia (ILAdEI) e de director da súa revista RELAdEI (Revista Latinoamericana de Educación Infantil). Forma parte do Editorial Board da revista European Early Childhood Educational Reserach Journal e do Consello de redacción da revista BORDON.

Próximos eventos Ver axenda