Mesa redonda «Santiago Industrial» con José Carballo, Xoan Carmona, Natalia Nogueira, Daniel Hermosilla e Antón Baamonde

Data
Luns, 8 de abril de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 8 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda titulada «Santiago Industrial», na que participarán José Carballo, Presidente da Fundación Arume e ex-CEO de Finsa; Xoan Carmona, Catedrático emérito de Historia da Economía; Natalia Nogueira, de Inova Labs; Daniel Hermosilla, autor e CEO do Grupo Rodiñas; e Antón Baamonde, autor e ensaísta.

José Carballo García é presidente da Fundación Arume e ex-CEO de Finsa.

Xoan Carmona Badía, Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago dende 1990, centrou a súa investigación na historia marítima e industrial, extendéndoa á historia empresarial e patrimonio industrial. Publicou obras individuais como O empeño industrial de Galicia (2005) e Grupo Davila: Cen anos de liderazgo no sector marítimo e participou noutras colectivas como Empresarios de Galicia (2006, 2009) e As familias da conserva (2011). Promove a divulgación e transferencia de coñecementos colaborando con empresas e institucións.

Natalia Nogueira López, Enxeñeira Industrial en Organización Industrial e posgrao en Loxística pola Universidade de Vigo, é a responsable da estratexia de negocio e I+D+i de Inova Labs. Posúe máis de 25 anos de actividade profesional, vinculados á xestión da innovación, á consultoría de estratexia, á dirección de equipos, á formación no ámbito da innovación, ao deseño e coordinación de proxectos de I+D+i, á mellora de procesos e á transformación das organizacións.

Daniel Hermosilla Hermida, CEO do grupo Rodiñas, está especializado na fabricación e montaxe en obra de elementos prefabricados de formigón. Recentemente colaborou con Antón Baamonde na publicación Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla.

Antón Baamonde García, profesor de Filosofía e ensaísta, ten publicados varios libros, entre os que destacan A favor da esperanza e La reinvención de España, ademais de contribuír en obras colectivas e colaborar en medios como El País. É recoñecido pola súa orixinalidade e independencia na Galicia contemporánea. Recentemente publicou, coa colaboración de Daniel Hermosilla, a obra Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla.

Próximos eventos Ver axenda