Viaxe a Salamanca
- Data
- Do 6 ao 8 de xuño de 2024
Do 6 ao 8 de xuño o Ateneo de Santiago realizará unha viaxe a Salamanca, co seguinte programa:
XOVES, 6 DE XUÑO: Santiago-Salamanca.
8.00h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago con destino Salamanca. Realizaranse paradas no traxecto.
14.30h. Comida en Salamanca no Restaurante do Hotel Alameda Palace. Menú:
1º Saquiño de pasta brick, brandada de bacallau e salsa fina de marisco.
2º Roastbeef con salsa verde de viño tinto acompañado de milfollas de pataca, bacon e queixo.
Sobremesa: Torta fina de masa de follado de mazá con crema diplomática e conxelado de chocolate.
Viño branco D.O. Rueda ou Viño tinto D.O. Rioxa Roble e Auga mineral.
Check-in no Hotel Alameda Palace ****
16.30h. Visita guiada por Salamanca, partindo da Praza Maior.
Casa das Mortes: denominada así respondendo á mestura entre lendas populares e historia.
Casa Unamuno: Museo integrado no Servizo de Arquivos e Bibliotecas da Universidade de Salamanca.
Convento das Úrsulas: franciscano feminino, fundado no século XV, esquina do casco antigo da cidade, cunha igrexa impresionante e un pequeno museo con magníficas obras de arte.
Palacio de Monterrey: exemplo da arquitectura civil do renacemento español plateresco. Hoxe é propiedade da Fundación dos Duques de Alba.
Igrexa da Purísima: templo barroco napolitano do s. XVII, parte pública do Convento de clausura das Agustinas.
Universidade Pontificia – UPSA: católica, de carácter privado, fundada en 1940, actualmente a súa organización e estrutura dependen da Conferencia Episcopal Española.
Igrexa da Clerecía: chamada así por ter permanecido na Real Clerecía de San Marcos tras a expulsión dos xesuítas de España. Edificio de estilo barroco, cun interesante claustro decorado con 28 lenzos que narran a vida de San Ignacio de Loyola, encargados pola Compañía de Xesús.
Casa das Cunchas: antigo palacio urbano da nobreza cortesá do s. XVI, de estilo gótico e con elementos platerescos.
Tempo libre e cea libre
VENRES, 7 DE XUÑO: Salamanca.
Almorzo
9.30h. Continuación da visita guiada por Salamanca
Escolas Maiores: edificio histórico da Universidade Pública, coa obra mestra do plateresco español na súa fachada.
Patio de Escolas Menores.
Catedral Vella: de estilo románico (s. XII).
Catedral Nova: construída entre os s. XVI e XVIII, mesturando os estilos gótico tardío, renacentista e barroco. É a catedral máis alta de toda España.
Ponte Romana: con vinteseis ollos, tamén chamada Ponte Maior do Tormes.
Comida no Restaurante “El Bardo” (Salamanca). Menú:
1º A elixir entre:
Lasaña de tenreira
Paella mixta
Patacas “meneas”
Lentellas da Armuña estufadas
2ª A elixir entre:
Caldeireta de cordeiro
Tostón (Cochinillo asado)
Pescada en salsa verde
Bacallau gratinado
Sobremesa: Torta
Auga e viño da casa
16.30h. Finalización da visita guiada por Salamanca
Palacio Salina: edificio de 1538 de estilo plateresco, que ata 1870 foi a sede do estanco do sal; dende 1884 é a sé da Diputación Provincial.
Cova de Salamanca: enclave popular da cidade, con moitas lendas, foi a cripta da igrexa de San Cebrián.
Horto de Calixto e Melibea: xardín no casco antigo da cidade, situado sobre a muralla e dende o que se poden ver unhas fermosas vistas das Catedrais e da ribeira do río Tormes.
Convento de San Estebo dos Dominicos: foi durante a Contrarreforma un importante centro dos pais dominicos que fundaron a Escola de Salamanca, e prestoulle axuda a Santa Teresa de Xesús e a San Ignacio de Loyola.
Tempo libre e cea libre
SÁBADO, 8 DE XUÑO: Salamanca-Ledesma-Santiago
Almorzo
Tempo libre
Visita opcional á Casa Lis, de Art Nouveau e Art Déco, un dos máis fermosos de Europa, con interesantes coleccións de mobles e obxectos de artes decorativas.
12.00h. Saída cara Ledesma
Declarada conxunto histórico artístico en 1975, conta cun importante patrimonio como o tesouro escondido na Praza da Fortaleza, o seu Castelo do s. XII, a Muralla (da época prerromana e obra románica de máis de 3 kms, que rodea a localidade), Palacios góticos e renacentistas de finais dos s. XV e XVI, xunto á Alhóndiga (interesante edificio, fundado polo Bispo de Útica, natural de Ledesma, para axudar aos pobres en 1580), a Praza de Touros (con capacidade para 3500 persoas), numerosos monumentos relixiosos e unha importante gastronomía.
Comida no restaurante Las Ventas en Ledesma. Menú:
1º A elixir entre:
Masa de follado recheo de marisco
Ensaladilla de lagostinos
Ensalada mezclum de anchoas e ventresca
Entremeses ibéricos
Salmorejo cordobés
2ª A elixir entre:
Carrilleiras de porco estufadas
Abanico de ibérico á brasa
Bacallau á galega
Sobremesa
Bebidas
Café
17.00h. Saída cara Santiago, con paradas no traxecto.
Hora prevista de chegada: 21.00h.
O prezo da viaxe é de 285€ por persoa, cun suplemento de 90€ para as persoas que non sexan socias do Ateneo.
O prezo inclúe:
- Autobús
- 2 noites no Hotel Alameda Palace **** en habitación dobre ou triple, en réxime de aloxamento e almorzo
- 3 comidas en grupo
- Visitas
- Guía
O prezo non inclúe:
- Ceas
As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o domingo, 12 de maio, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as ateneístas. Aqueles que sexan admitidos deberán ingresar o importe da visita antes do prazo que se lle indique no mail de confirmación.