Seminario Europa: «Eleccións Europeas 2024: A Eurocámara e a súa Administración parlamentaria» con David Rodríguez Guillén

Data
Mércores, 15 de maio de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 15 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con David Rodríguez Guillén, Doutor en Comunicación pola Universidad Autónoma de Barcelona e responsable das relacións da Eurocámara cos Parlamentos Nacionais. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Eleccións Europeas 2024: A Eurocámara e a súa Administración parlamentaria».

David Rodríguez Guillén é Doutor en Comunicación pola Universidade Autónoma de Barcelona, cunha tese sobre a política de comunicación da Unión Europea. Cursou o máster de estudos europeos no Colexio de Europa de Bruxas. É Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Murcia. Dende o ano 2011, desenvolve a súa actividade profesional nas institucións da Unión Europea: primeiro, na Comisión Europea, na Dirección Xeral de Transporte e Enerxía; e, a continuación, dende 2015, ocupou diversas posicións no seo do Parlamento. Na actualidade, serve na Dirección Xeral de Democracia Parlamentaria, como responsable de expedientes relativos ás relacións da Eurocámara cos Parlamentos Nacionais. 

Próximos eventos Ver axenda