Faladoiro «Como se pode ser máis sustentable?» con Álvaro Silva
- Data
- Mércores, 22 de maio de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O mércores, 22 de maio, ás 19.00 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro titulado «Como se pode ser máis sustentable?», que contará coa participación de Álvaro Silva, Doutor en Enxeñaría Química e Ambiental pola USC.
Ao longo do evento farase un rápido percorrido histórico no que se descubrirán os acontecementos que nos levaron ata o actual cambio climático, explorando en que actividades diarias se producen os principais impactos ocasionados pola vida dos cidadáns en Galicia e achegando medidas sinxelas para reducilos. Finalmente realizarase unha aproximación ao funcionamento das infraestruturas necesarias para o tratamento dos residuos que son precisas en Galicia e Compostela para tratar os fluxos que proceden dos nosos fogares e en que puntos se aplican ferramentas baseadas na economía circular.
Álvaro Silva Teira, Doutor en Enxeñaría Química e Ambiental pola USC, Máster en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais e Enxeñeiro Químico pola mesma universidade, dispón dun programa en Sustentabilidade obtido no Massachusetts Institute of Technology MIT de Boston e actualmente está finalizando un Executive MBA na EAE Business School de Barcelona e Madrid. Foi líder de proxectos europeos en Cetaqua Galicia e Director de Produción en OXIDINE Water Technology.