Conferencia «Less is Enough. Deben as cidades empezar a decrecer?» de Carlos García Vázquez

Data
Luns, 27 de maio de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 27 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Less is Enough. Deben as cidades empezar a decrecer?», que estará impartida por Carlos García Vázquez, Catedrático da Universidade de Sevilla.

Carlos García Vázquez, Doutor Arquitecto, actualmente é Catedrático de Composición Arquitectónica e profesor do máster Ciudad y arquitectura sostenibles na Universidade de Sevilla. Foi profesor visitante en universidades de Estados Unidos, Chile, Arxentina e Italia, comisario de exposicións e membro do comité científico de diversos seminarios de Docomomo Ibérico. Entre as súas publicacións destacan Berlín-Potsdamer Platz: metrópoli y arquitectura en transición ( Barcelona, 2000), Momo Andalucía. Arquitectura del Movimiento Moderno en Andalucía, 1925-1965 (Sevilla, 1999) e Ciudad Hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI (Barcelona, 2004).

Próximos eventos Ver axenda