Club de lectura do Festival Ateneo Barroco 2024
- Data
- Venres, 4, e mércores, 16 de outubro de 2024
- Horario
- 19.00h e 20.00h, respectivamente
- Lugar
- Ateneo de Santiago / Numax
- Máis información
Inscricións: ateneo@ateneodesantiago.gal
Teléfono de contacto: 622 274 110 (de luns a venres, 9.30-13 h.)
Na súa sexta edición, o Festival Ateneo Barroco enriquece a súa oferta de actividades complementarias cun Club de Lectura, nova achega que ten entre os seus obxectivos a creación dun espazo de intercambio de ideas e diálogo entre o público do mesmo, ao tempo que amplifica a vocación multidisciplinar do Festival e fomenta a lectura.
Para gozar dese momento de introspección, inspiración, goce esencial e auténtico que nos ofrece a lectura, seleccionamos nesta primeira edición do Club de Lectura do Ateneo Barroco dúas novelas de escritores moi diferentes que teñen en común ter atopado en dous compositores do Barroco (Johann Sebastian Bach e Johann Jakob Froberger) unha fonte de inspiración para as súas últimas obras: El Amor el mar de Pascal Quignard (Galaxia Gutenberg, 2023) e Contrapunto. Recuerdos de Bach y de duelo de Philip Kennicott (Alpha Decay, 2023)
As sesións do Club de lectura desenvolveranse o venres, 4 de outubro, ás 19h na sede do Ateneo de Santiago na Praza de Salvador Parga (El Amor el mar, coordinada por Carlos Valdés, filólogo, editor, ilustrador, tradutor e codirector e fundador da editorial Irmás Cartoné) e o mércores, 16 de outubro, ás 20h en Numax (Contrapunto. Recuerdos de Bach y de duelo, coordinada por Olaia Tubío e María Villamarín, xornalistas e libreiras de Numax), nunha sesión nada como froito da colaboración iniciada este ano entre Numax Cinema e Libraría e o Festival Ateneo Barroco.
A entrada para as sesións do Club de Lectura do Ateneo Barroco 2024 é gratuíta, previa inscrición. As prazas son limitadas e os participantes poden apuntarse no correo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal, podendo os interesados inscribirse para unha das dúas sesións de forma independente ou nas dúas até completar as prazas dispoñibles.
Os participantes comprométense a conseguir os libros pola súa conta, tendo a posibilidade de adquirilos cun 5% de desconto na Libraría Numax (Rúa Concepción Arenal, 9).
PASCAL QUIGNARD
EL AMOR EL MAR
Galaxia Gutenberg 2023
sesión moderada por CARLOS VALDÉS
Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4 - 2º)
venres 4 outubro
19.00
En El Amor el mar (Galaxia Gutenberg, 2023), o prolífico autor francés Pascal Quignard (autor de Todas as mañás do mundo, Premio Marguerite Yourcenar 2019 polo conxunto da súa obra e officier da Legion d’Honneur e commandeur da Ordre das Arts e des Lettres francesas) sitúanos na Francia do XVII, sacudida polas epidemias, as protestas e as revoltas contra o poder monárquico, mentres Europa é devastada por interminables guerras de relixión, mesturando personaxes reais (Froberger, Saint-Colombe, John Blow...) e de ficción nun himno á beleza da música, do mar e do amor.
PHILIP KENNICOTT
CONTRAPUNTO. RECUERDOS DE BACH Y DE DUELO
Alpha Decay 2023
sesión moderada por OLAIA TUBÍO / MARÍA VILLAMARÍN
Numax Libraría (rúa Concepción Arenal, 9)
mércores 16 outubro
20.00
En Contrapunto. Recuerdos de Bach y de duelo (Alpha Decay, 2023), Philip Kennicott (crítico de arte, arquitectura e música clásica e Pulitzer de Crítica 2013) debuta na novela combinando a súa experiencia vital no transo da enfermidade e morte da súa nai e o seu encontro coas composicións de Bach, en particular coas Variacións Goldberg, obra que adquire un protagonismo moi especial nesta sexta edición do Ateneo Barroco.
CLUB DE LECTURA DO FESTIVAL ATENEO BARROCO 2024
prazas limitadas
inscrición (independente para cada unha das sesión do Club de lectura): ateneo@ateneodesantiago.gal
libros dispoñibles co 5% de desconto
en Numax Libraría (rúa Concepción Arenal, 9)